A través da Política de Calidade e Medio Ambiente, TUMBADOIRO S.L. establece como un dos seus obxectivos prioritarios proporcionar aos clientes os produtos e servizos demandados cos requisitos esixidos polos mesmos.

De igual maneira, TUMBADOIRO S.L. está comprometida coa mellora continua dos seus procesos e control de produción.

TUMBADOIRO S.L. conta con un Sistema de Xestión Integrada da Calidade, segundo UNE-EN ISO 9001: 2015, que está baseado nos seguintes puntos:

  • Mellora continua da eficiencia na prestación de servizos.
  • Cumprimento coas esixencias dos clientes e do Sistema de Xestión establecido, e cos requisitos legais e regulamentarios que se aplican ao noso sector.
  • Formación de todos os empregados da organización, a fin de mellorar a calidade dos servizos e produtos fabricados.
  • Compromiso activo de todo o persoal para o adecuado seguimento e aplicación destes procesos.
  • A análise continua de toda a información, tanto a propia como a proporcionada polos nosos clientes, para evitar erros e mellorar a prestación de servizos e a calidade dos nosos produtos.
  • Detección de produtos defectuosos e eliminación das causas que os orixinan.

Este compromiso é público e será revisado para actualizar a súa adecuación, polo menos anualmente.

CERTIFICACION LLOYDS 2019